Reclaman persoal de enfermería para cubrir o descuberto existente no PAC de Lalín e Ordes

Denuncian que cando hai unha urxencia na quenda de noite o equipo completo deixa o PAC e queda un médico só no centro

  • Santiago

O persoal do PAC de Lalín e Ordes, reclama a presenza dunha segunda enfermeira na quenda de noite, para cubrir o descuberto existente e garantir a calidade necesaria na prestación dos seus servizos.
 
“Non é un problema salarial, senón de calidade asistencial e poder garantir unha prestación de servizos eficaz e segura á poboación”, aseguraba esta mañá en rolda de prensa a CIG-Saúde.
 
O PAC de Lalín atende á poboación dos concellos de Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín e o de Ordes os concellos de Tordoia, Frades, Mesia, Trazo e Ordes.
 
Deste xeito, calquera desprazamento que obrigue á saída do equipo de médico e enfermería, provoca que o PAC de Lalin ou Ordes, quede só coa presenza dun médico mais sen axuda de enfermaría e será ese profesional o encargado de atender tanto as urxencias que estean de presenza no centro, como as que se produzan en calquera dos domicilios dos concellos da súa área de inflluencia.
 
Segundo denunciaron, isto xa ten provocado situacións moi preocupantes do punto de vista asistencial, xa que calquera urxencia vital debería ser atendida por 2 profesionais, que é a reclamación do persoal.
 
A ambulancia medicalizada non chega ao PAC de Lalín para o traslado dos enfermos, polo que calquera traslado desde o PAC ou domicilio ao complexo hospitalario de Santiago, convértese nun baleiro de persoal dun mínimo 3 horas e media, quedando todo ese momento só unha presenza médica.
 
Mobilizacións ante o inmobilismo da Xerencia
 
O persoal iniciou mobilizacións o pasado mes de decembro ante a inactividade da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago malia exporlle, de forma reiterada esta situación. “Conseguiuse un persoal de enfermería para a quenda de tarde, que tamén estaba descuberta, pero a da noite segue sen materializarse”.
 
Os datos que se aportan desde a Xerencia sobre o número de saídas ou intervencións referenciadas ao ano 2021 están, segundo denunciaron, “sesgadas”.
 
Lembraron que nese ano tanto o ocio nocturno, como outras actividades permaneceron pechados durante tempo, polo que “non é valorábel ese período”.
 
Fronte a isto apuntaron que no último ano que se extrapolaron datos fiables,2019, o PAC de Lalín era o segundo de toda a área de Compostela-Barbanza en canto a número de saídas e era tamén o segundo en canto a urxencias atendidas na quenda de noite.
 
Apuntaron, ademais, que foron as propias traballadoras e traballadores do PAC de Lalin que, con máis de 50 notificacións á Xerencia, recollidas en apenas 30 días, expuxeron que o equipo completo abandona o PAC na quenda de noite, provocando que soamente haxa un profesional para dedicar a atención.
 
Xunto a isto lembraron que no conflito de PACs do ano 2019, na desconvocatoria de folga, no punto 5, recollíase a análise dos ratios a fin de cumprir 1:1 para o persoal médico e de enfermería, análise, de momento, “insatisfactoria e en detrimento da calidade asistencial que se ten que garantir á poboación dos concellos destas zonas”.
 
Lembrar tamén, que nos concellos tanto de Ordes como de Lalin, hai aprovados en plenos do concello e por unanimidade , a solicitude ao sergas do equipo completo de médicx/enfermeirx.
 
Hai veces que a hemeroteca deixa a cada quen no seu sitio e así no triste suceso acaído no Pac de A Estrada, o actual director de at. Primaria, manifestaba o seguinte:
Añadió Calle que, una vez que fue constatada la falta de un facultativo para atender la urgencia, resultó «imposible» cubrir la vacante de forma inmediata, pese a los intentos que hizo el Sergas. De igual modo, dijo que era «técnicamente cuestionable» que el paciente fallecido pudiera salvar su vida en caso de que hubiese podido ser atendido por un médico, pues se carecía de personal de apoyo de enfermería para realizar la reanimación de un paciente que ya no respiraba.”

Volver