Reclasificación profesional: realidade ou ficción?
- Sanidade Pública
Un ano máis, na negociación da mesa xeral de empregadxs públicxs, do Ministerio de administración pública, os sindicatos estatais publicitan que por fin se vai aplicar o artigo 76 do EBEP e reclasificar ao persoal.
Mais isto vai ser así ou novamente é publicidade?
Na CIG-Saúde, a espera de coñecer o texto completo do acordo sindical de Madrid, temos a impresión de que isto, novamente, é un brinde ao sol que, ano tras ano, enche o documento do acordo sindical como se se tratase dun
adorno para completar o texto, e sen ningún compromiso formal.
Se a intención do goberno e dos sindicatos asinantes, CCOO e UGT, fose a aplicación correcta da clasificación profesional, ademais de desenvolver isto nunha norma básica, o acordo tamén debería recoller a dotación
orzamentaria necesaria.
CIG-Saúde esiximos un compromiso real, que incorpore as modificacións necesarias na normativa básica de desenvolvemento e o orzamento necesario para aplicalo a todas as categorías.
E reiterámonos na nosa esixencia de reclasificación trasladada ao goberno español na mesa de negociación do Estatuto Marco.