Recoñecemento servizos prestados ao persoal temporal en suspensión de chamamentos por motivos derivados do embarazo e/ou nacemento de fillo/a

Publicado hoxe en DOG

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Publicado hoxe en DOG "RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Acordo da Mesa Sectorial de Sanidade do 14 de novembro de 2022, de modificación do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia".

Modifícase a "cláusula III.2. Orde de chamamentos" que queda como segue:

"Así mesmo, e como excepción ao establecido con carácter xeral neste pacto respecto da suspensión de chamamentos, no suposto de nacemento de fillo/a, adopción legal, suspensión por risco durante o embarazo e incapacidade temporal común derivada de embarazo, ofertaránselle á persoa aspirante os nomeamentos correspondentes á súa categoría.

De corresponderlle, segundo a orde de prelación que ocupa na lista a adxudicación dun vínculo, formalizarase o correspondente nomeamento desde a data prevista de inicio da prestación de servizos naqueles supostos en que a normativa de seguridade social así o permita.

Recoñecerase en todos os supostos como tempo traballado para os efectos administrativos o período de duración dos vínculos que pola súa orde de posición na lista lle correspondesen."

Entrada en vigor día seguinte á publicación en DOG (02/12/2022).

Enlace DOG.

Volver