Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos e inicio do prazo para a elección telemática de destino

PSX e TCAEs

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos e se inicia o prazo para a elección telemática de destino para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocados mediante as resolucións do 26 e do 28 de decembro de 2022.

Publícase como anexo I a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso de méritos para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Abrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, (do 3 ao 16 de maio) para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

Os/as aspirantes que no prazo indicado e conforme o procedemento establecido non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver