Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e aprobación da oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2024

  • Concurso de traslados

Publicouse hoxe en DOG a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as poderás consultala neste enlace .

Na categoría de facultativo/a especialista de área nas especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, inmunoloxía e oncoloxía radioterápica, de conformidade coa Resolución do 11 de xaneiro de 2024, desta dirección xeral, pola que se publica o acordo da Mesa Sectorial sobre os prazos de execución do concurso de traslados (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro), a aprobación da relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos adíase á finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación fixado para estas especialidades no 5 de xullo. Ata esta data os solicitantes deberán seleccionar os destinos ofertados e realizar as modificacións na orde de prelación, e non está prevista a publicación dunha nova oferta de destinos neste ano 2024.

Publicouse hoxe tamén a oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros nos cales poden existir resultas está publicada neste enlace .

Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico, dentro do prazo indicado.

De igual forma, os/as aspirantes que, resultando admitidos/as con carácter provisional neste proceso, non tiveran seleccionado na instancia de participación ningún destino, disporán do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para efectuaren a través do Fides/expedient-e, mediante o oportuno rexistro electrónico, a selección de destinos que consideren.

De conformidade coa base 3.5.1 da Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente, aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo anteriormente sinalado, non conteñan a selección de, polo menos, un destino, non terán a consideración de solicitude validamente presentada e quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.

Os/as profesionais que opten a algún dos destinos que exixen habilitacións específicas para o seu desempeño deberán rexistrar, dentro do prazo de quince días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a posesión de tal competencia no Fides/expedient-e, na epígrafe doutros méritos, e deberán acreditar documentalmente no mesmo prazo, mediante certificación orixinal ou copia compulsada ou auténtica dirixida á mesma unidade de validación en que presentaron a solicitude de participación, a posesión de tal habilitación.

Os/as profesionais que, tendo optado a algún destes postos, non acreditasen na forma e no prazo expostos as condicións exixidas para o seu desempeño, non poderán resultar adxudicatarios/as deles.

Volver