Relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2026.
- Concurso de traslados
RESOLVE:
As listaxes coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), coa especificación da/s causa/s de exclusión, de ser o caso.
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles (do 11 ó 24 de Agosto) contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal se dirixise a solicitude de participación no concurso.
As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación para este ciclo, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo indicado, non emenden os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídas da participación neste ciclo.
Novas Relacionadas
Últimas novas