Resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente do 2021
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2021 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Con carácter xeral:
Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 24 de novembro de 2021.
Prazos da toma de posesión:
- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.
- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 2 días hábiles seguintes ao cese.
- Distinta área sanitaria: dentro dos 7 días hábiles seguintes ao cese.
- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.
Na categoría de técnico/a superior en radioterapia, en cumprimento do Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, con data do 23 de setembro de 2021, ditado no procedemento abreviado 23/2021, acórdase a suspensión da resolución definitiva do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2021 do concurso de traslados aberto e permanente, ata que se dite sentenza firme no referido procedemento xudicial.