Resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente do 2022

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Con carácter xeral:

Prazo de cese no centro de orixe:

  • O primeiro día hábil, é dicir, o 22 de novembro de 2022.
  • No caso de procedencia de distinto servizo de saúde: ata 3 días hábiles, é dicir, entre o 22 e o 24 de novembro de 2022.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria e distinto centro: dentro dos 2 días hábiles seguintes ao cese, como máximo o 24 de novembro de 2022.

- Distinta área sanitaria: dentro dos 7 días hábiles seguintes ao cese, como máximo o 1 de decembro de 2022.

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes desde o cese.

Volver