Resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2020

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Con carácter xeral:

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 26 de novembro de 2020.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes ao cese.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

Con carácter excepcional, as xerencias  poderán diferir o cesamento dos/das profesionais daqueles centros ou unidades que, por necesidades do servizo e organizativas, dada a evolución epidemiolóxica da pandemia, deban permanecer nos seus destinos de orixe.

  • Medidas excepcionais acordadas na Mesa Sectorial do 13 de novembro de 2020. PDF

Volver