Resolución provisional do ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente de 2024
Publicado hoxe en DOG
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Apróbase a relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Publícanse as puntuacións e destinos provisionalmente asignados.
Os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de dez (10) días hábiles (do 1 ao 14 de outubro), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.
Novas Relacionadas
Últimas novas