Resolucións de nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destinos definitivos de OPE de varias categorías

Publicación 2º quincena de setembro

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Na segunda quincena deste mes de setembro finalizarán, coas resolucións de nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destinos definitivos, os procesos selectivos das seguintes categorías:

  • calefactor/a,
  • cociñeiro/a,
  • condutor/a,
  • costureiro/a,
  • electricista,
  • fontaneiro/a,
  • lavandeiro/a,
  • logopeda,
  • mecánico/a,
  • pasador/a de ferro,
  • pinche (libre, promoción interna e discapacidade xeral),
  • pinche (discapacidade intelectual),
  • técnico en farmacia (discapacidade intelectual),
  • técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,
  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
  • técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información,
  • telefonista,
  • terapeuta ocupacional e
  • traballador/a social.

Proximamente o SERGAS concretará o día en que se realizarán as publicacións no DOG para abrir o prazo de toma de posesión.

Volver