RESPOSTA DE INSPECCIÓN

  • Lugo

O Venres 27 de Marzo a Inspección do Traballo respondeu á denuncia presentada pola CIG-saúde o Luns anterior. Ante a falta de material de protección para o desenvolvemento do traballo polo persoal a Cig presentou dita denuncia. Desgrazadamente a resposta foi ben insatisfactoria, xa que as medidas se resumen en pedir un informe ao centro de trabalo e desprazar a responsabilidade ao Ministerio de Sanidade. Esta semana solicitaremos que se nos traslade o informe da xerencia en canto sexa presentado.
O estrés e a inseguridade que está sufrindo o persoal polas ordes cambiantes e a falta de EPIs axeitados non só vai ter como consecuencia, que o persoal enferme masivamente senón que vai ser irreparable. Cando isto pase haberá que analizar profundamente o acontecido e pedir que se asuman responsabilidades. Namentres seguiremos atentos e vixiantes intentando mudar estas actitudes na medida do posible.
informe_covid-19.pdf

Volver