Resultado da adxudicación telemática de destino de OPE de varias categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
No día de hoxe publícase, a efectos informativos, na páxina web do Servizo Galego de saúde no apartado de Emprego Público, o resultado da adxudicación telemática de destino das pesoas aspiranes no concurso-oposición (OPE 2019-2020) para o ingreso nas categorías de:
- facultativo/a especialista de área,
- médico/a de admisión e documentación clínica,
- médico/a de urxencias,
- médico/a asistencial do 061,
- técnico/a en farmacia,
- técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
- técnico/a superior en hixiene bucodental,
- técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,
- técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e
- técnico/a superior en radioterapia.