Resumo da Comisión de centro de Atención Primaria coa Xerencia

  • A Coruña

Informe da Xerencia. Puntos de interese:
Probas serolóxicas a traballadores: Esta semana rematarase coa realización das probas os traballadores do SERGAS. Continuarán coas empresas externas do complexo.

ADX (Acordos de Xestión)-Obxectivos: Non haberá ADX como os outros anos. Dixeron que se valoraría cumprimento de guías, actualización das mesmas
Opinión CIG: Algo bo tiña que ter o coronavirus. O de cumprimento de guías é moi xenérico. Iso é como non dicir nada. Terán que concretar indicadores, criterios de avaliación, de que guías falan,...

EPI: A Xerencia afirma que agora mesmo hay material suficiente e que satisfarán todas as demandas que fagan os centros
Opinión CIG: enviaremos unha proposta de rectificación do protocolo onde conste que as máscaras a usar ante un posible caso COVID deben ser as FFP2

Vacacións: Non haberá ningún cambio con respecto a outros anos en canto ao período estival. Con respecto ás vacacións solicitadas fóra do verán dixeron que dependería da situación sanitaria.
Opinión CIG: Consideramos que se houbese dificultades para gozar das vacacións en outono estas deberán poder
trasladarse ao 2021

Adaptación e adecuación dos centros: Todo o necesario en relación ao mobiliario e á adaptación dos espazos trasladarase a recursos económicos, e aprobarase con previa validación do servizo de preventiva.

Plan de reactivación asistencial:
-No prazo dunha semana rematarase a elaboración dunha guía de manexo clínico (hai un grupo de traballo).
-Enviaranse aos diferentes centros cartelaría, adhesivos de sinalización para facilitar o funcionamento, xunto con
dispensadores de solución desinfectante.
-En canto ao protocolo específico de cada centro enviouse un correo a xefes de servizo e coordinadores para que fagan un plan operativo específico de cada centro.
Opinión CIG: Consideramos correcto que se facilite a autoorganización dos centro de saúde pero é necesario que haxa unha supervisión técnica do servizo de prevención de riscos laborais e que o funcionamento sexa ‘acordado’ nos centros.

Rogos e preguntas. Intervención CIG:

Triaxe: O documento indica que será persoal sanitario. Preguntouse se os profesionais sanitarios que o fan teñen bloqueada a súa axenda (houbo centros que non bloqueaban). A xerencia indicou que non hai problema neste aspecto.

Falta de material: A xerencia indica que se atenderán todas as peticións formais que fagan os centros e que non haberá problemas de abastecemento.

Sobre a recomendación do Ministerio de que os profesionais vulnerables non atendan COVID: A resposta da xerencia e que non se darán instrución xerais sobre isto, e que cada traballador deberá solicitar a saúde
laboral unha cita para estudar o seu caso.

Formación en EPI: Dixeron que se está estudando, e que a idea , formar a unha persoa de cada centro que sexa a referencia neste tema, pero non descartan a formación presencial

Función do profesional de referencia das Residencias de maiores: Contestaron que só comunicación telefónica para facer seguimento.

Propoñemos consulta de correo electrónico e opción de videochamada dentro da axenda de citas: Responderon que están valorando novas fórmulas, entre elas comentou a posibilidade de que cada centro de saúde utilice o novo correo corporativo propio do centro (o de servizos centrais) e que desde a área administrativa se derive aos diferentes profesionais.

Os asistentes a esta reunión por parte de CIG percibimos que a autoxestión de cada centro pode ser adecuada sempre que haxa dotación, e certo control de que os diferentes circuítos son adecuados e consensuados cos diferentes profesionas que os compoñen. Pensamos que tamén corresponde con unha falta de planificación e capacidade por parte de Xerencia deixando a responsabilidade unicamente sobre os profesionais. Polo que instamos a que se fagan as peticións formais pertinentes nos diferentes centros de material, que a todo persoal se lle explique cal son as súas funcións, e que se lle facilite os protocolos, formación e plan operativo por escrito. Quedamos a vosa disposición para calquera dúbida, aclaración ou demanda.


Un saúdo.
Asinado
José L. Manteiga Urbón. Delegado de CIG-Saúde Coruña
Lucía Peon Soutiño. Responsable comarcal de CIG-Saúde Coruña

Volver