Retirada inmediata do XIDE

CIG Saúde exixe na Mesa Sectorial a retirada do XIDE e que se abra un proceso de escoita e negociación co persoal

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

CIG- Saúde manifestou na mesa sectorial o seu rexeitamento ao XIDE e reclamou que se poña en marcha un proceso de escoita e de negociación cos e coas profesionais para que se mude o XIDE por outro sistema que realmente responda ás necesidades da Atención Primaria .

CIG- Saúde reclamou unha ferramenta útil para o persoal que ten que aplicala e que permita organizar a demanda asistencial dando resposta ás necesidades tanto das e dos profesionais como da cidadanía.

CIG- Saúde denunciou que a visión que teñen no SERGAS sobre o XIDE non é a mesma que ten o persoal que ten que usalo.

O XIDE non responde ás necesidades da xestión da demanda non remata coas filas nos mostradores, non garante a necesaria confidencialidade, non da resposta axeitada as demandas urxentes e sen cita no día a día e non é aceptado polos/as profesionais que o teñen que aplicar xa que produce sobrecarga nuns profesionais xa so brecargados de traballo sen aportar melloras reais na xestión dos centros.

A Administración presentou datos de implantación e uso do XIDE sen incluír nos datos a % de utilización de “ausencia de motivo".

CIG Saúde insiste en que non se pode manter o XIDE na situación actual, e exixe que se retire o programa e se escoite aos/as profesionais.

Volver