RETIRADAS E PROBAS MASCARILLAS GARRY GALAXY

  • Monforte

A/A DIRECCIÓN XERENCIA EXECUTIVA HOSPITAL DE MONFORTE DE LEMOS


Segundo a información do Ministerio de Sanidade enviáronse a todas as Comunidades Autónomas unha alerta sanitaria, para que procederan á retirada inmediata de todas as máscaras “Garry Galaxy” contidas en envases verdes.

Temos constancia que estas máscaras estivéronse a utilizar nos centros sanitarios do SERGAS polo que, o persoal estivo sometido a un posíbel contaxiocunha falsa protección.

Ante esta situación desde CIG-SAÚDE Monforte, solicitamos:

- Información sobres se as máscaras Garry Galaxy foron distribuidas e utilizadas no Hospital público de Monforte e nos centros de saúde do distrito sanitario.

- de ser así que se proceda á inmediata retirada deste material, que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda.

Agardamos que se tomen as medidas coa maior dilixencia posíbel.

Monforte, 20 de abril de 2020

Vicente Vázquez Vázquez, delegado de prevención de CIG-Saúde.

Volver