Retribución das quendas coincidentes, anteriores e posteriores cos exames de OPE de PSX e TCAE 2023

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde tiña solicitado por escrito á Dirección de Recursos Humanos do SERGAS, que se retribuíse ás persoas que cubran estas quendas como días de especial significación, é dicir, que se abonara un festivo adicional.

Na Mesa Sectorial de hoxe o SERGAS informa que:

  • No caso de PSX a compensación será a cargo de xornada, é dicir, a libranza será noutro día sen especificar cal.
  • No caso de TCAE a compensación da xornada será tamén a cargo de xornada e que por coincidir nun domingo retribuirá nas quendas de mañá e tarde como festivo dobre, e no caso da quenda de noite dobre nocturnidade.


CIG-Saúde denunciou que isto supón unha discriminación entre categorías, aplicando compensacións distintas sen un criterio definido.

No exame de enfermeiros/as o pago foi como un día de especial significación e para CIG-Saúde, iso debera de trasladarse ao resto de categorías.

É por iso que reiteramos hoxe na Mesa Sectorial a nosa solicitude previa, estas quendas deberan de retribuírse como días de especial significación!!

Volver