Reunión da comisión central de contratacións do 13 de xuño de 2023
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Mesa central de contratacións do 13 de xuño de 2023
Modificación do cómputo dos contratos en acumulos de tarefas
O SERGAS informa que se vai comezar aplicar o 1 de xullo de 2023 o computo de 9 meses en 18 meses, de acordo á modificación última do Estatuto Marco.
Previsión listas de contratación
Rogos e preguntas
- CIG-Saúde roga que se elabore un procedemento para as unidades de chamamentos en canto á oferta de contratos que se está a realizar as mulleres embarazadas. Ten que quedar ben definido que os contratos administrativos están só previstos cando non hai a posibilidade de contrato.
- CIG-Saúde denuncia que continúan retirando os contratos ao persoal temporal cando no primeiro día de contrato solicitan un permiso.
- CIG-Saúde pregunta polas listas definitivas de bibliotecario/a e técnico/a de grado medio en biblioteconomía e documentación. O SERGAS informa que se publicarán unha vez se publique en DOG o decreto de creación destas categorías.