Reunión urxente coa Xerencia de Vigo: CIG-SAÚDE Vigo solicita esta reunión ante a situación que afrontan as/os profesionais.

A situación que as profesionais do SERGAS en Vigo están a sufrir, debido ao aumento da carga asistencial acompañada da non cobertura de profesionais, a CIG-SAÚDE solicta reunirse de xeito urexente coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo

  • Sanidade Pública
  • Vigo

Falta de cobertura de ausencias, aprazamento de cirurxías, dobraxe de quendas, urxencias saturadas, pacientes pendentes de ingreso, plantas co persoal insuficiente, centros de saúde sen cobertura, sen reforzo de costa de verán.....esta situación é unha constante que dende CIG-SAÚDE vimos recollendo das e dos profesionais do SERGAS.

 

As recentes novas publicadas na prensa, onde se recolle a derivación de cirurxías a centros privados, non axudan a unha situación de calma para os e as traballadoras da Área Sanitaria de VIgo.

 

CIG-SAÚDE solicita a convocatoria URXENTE dunha reunión onde ser trate a actual situación.

 

A Dirección do SERGAS en Vigo non aporta información nin solucións ás actuais circunstancias, mentres o dia a dia convida a pensar que o anunciado peche de camas non vai ser posible sen condicionar a asistencia sanitaria e a seguridade coa que as profesionais poidan desenrolar o seu traballo.

 

O persoal está canso, tanto física como psiquicamente e non parece que vaia mellorar ante a progresiva merma da calidade laboral.

Volver