Sábados en atención primaria: para os PACs
CIG-Saúde denuncia que o SERGAS volve a impor sen negociar
- Atención primaria
- Sanidade Pública
Na Mesa Sectorial do 17 de outubro, o SERGAS informa que os sábados en quenda de mañá de Atención Primaria pasan a ser Atención Continuada nos PAC, sen definir QUEN NIN COMO se vai prestar esa asistencia sanitaria.
UN CAOS PLANIFICADO
- Non din que profesionais nin que categorías van traballar os sábados.
- Falan de concentrar a actividade nos PAC, pero non concretan que centros se manteñen abertos.
- Pretenden deixar nas mans das Xerencias decisións que son de política sanitaria, e que deben vir da Consellería de Sanidade.
TODO É IMPOSICIÓN, NADA É NEGOCIACIÓN
O SERGAS di que creará un 'sistema de voluntariedade'… pero non presenta nada, e deixa todo para unha futura negociación.
Pretenden implicar neste sistema a médicas/os de familia, profesionais de PAC e FEAP, mentres néganse a reducir a xornada complementaria obrigatoria.
MÁIS HORAS, MENOS DEREITOS
Se xa hai déficit de profesionais e agora aumentan o tramo horario, significa isto máis xornada obrigatoria? Non é posible nin aceptábel!
O acordo do 20 de abril de 2023 foi para rebaixar a xornada ordinaria de todas/os as/os profesionais. Non pode ser que, vinculado a ese acordo, parte do persoal empeore as súas condicións!
CIG-SAÚDE DENUNCIA:
Esta Dirección non quere negociar!
Todo é imposición a última hora, sen escoitar aos profesionais, sen respecto e sen diálogo real.
CIG-SAÚDE – A forza das persoas que loitan pola sanidade pública!