Sábados pola mañá en Atención Primaria, a Consellería NON RESPONDE
- Atención primaria
 - Mesa Sectorial
 - Sanidade Pública
 
A Consellería de Sanidade NON RESPONDE as preguntas sobre o modelo de Atención Primaria que quere por en marcha co Plan de Ordenación de Recursos Humanos e ca modificación dos Decretos 200/1993 e 172/1995.
Na Mesa Sectorial do 7 de marzo, a Dirección de RRHH so fai unha proposta parcial, segundo eles de “mellora” respecto do documento do 30 de xaneiro, onde recollen:
- Só para o persoal médico que realice sábados pola mañá en atención primaria, sexan dos centros de saúde, PAC ou hospital, os sábados pola mañá pagaranse a través dun plan especial.
 - O pago dos sábados será en función dos que leven realizados, e a final de ano regularízanse os sábados pagados cun importe inferior ao valor que corresponda en función dos sábados realizados en todo o ano 2025.
 - Os tramos incentivados serían: de 3 a 6 sábados, de 7 a 10 e de máis de 10.
 - Contabilizan todos os sábados realizados dende o 01/01/2025, tanto se son voluntarios coma obrigatorios.
 - Adiantar a negociación dos plans funcionais dos PACs, ao 2º trimestre deste ano.
 - Adiantar a negociación da voluntariedade a partir do 2026, ao 3º trimestre deste ano.
 
Néganse a baixar o tramo de xornada complementaria obrigatoria nos PACs por debaixo das 1570 horas ou a rebaixar o tramo incentivado na xornada complementaria do persoal de PAC.
CIG-Saúde REXEITAMOS a proposta.
Non imos negociar nada para empeorar as condicións de traballo de ningún colectivo profesional nin para empeorar a calidade asistencial.
Novas Relacionadas
Últimas novas