SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO

Venres 9 de decembro de 2022. 19:00 horas Praza Maior de Lugo

Un ano máis, o Movemento Galego da Saúde Mental promove o acto “Saúde mental sen ataduras. Contencións cero” no marco do Día dos Dereitos Humanos. Nesta ocasión, será en Lugo onte terá lugar o acto público onde se amosa en que consiste unha contención física, onde a persoa permanece atada de mans e pés durante tempo indefinido, tras o que se dará lectura dun comunicado.

O propósito deste acto simbólico é dar a coñecer a persistencia de prácticas coercitivas na atención á saúde mental, sensibilizar á sociedade sobre as consecuencias lesivas que estas prácticas teñen na vida e dignidade das persoas e tomar conciencia da necesidade de avanzar en dereitos que aínda hoxe non se compren de maneira efectiva.

A existencia do uso de contencións físicas de persoas ingresadas é unha práctica considerada como vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e os Estados asinantes (entre eles, España) han de comprometerse a elaborar medidas lexislativas e estratexias de planificación sanitarias que promovan a súa erradicación.

Organismos Internacionais como a ONU, a OMS, ou o Consello de Europa instan ao obxectivo da total erradicación da contención mecánica como un feito irrevogable. Calquera consideración contraria ao enfoque dos dereitos na atención á saúde significa un retroceso democrático nas liberdades, sen sustento posible nas competencias científico-técnicas. Existen experiencias contrastadas que avalan a posibilidade real e efectiva da erradicación da contención mecánica.

Non hai escusas.

O Movemento Galego da Saúde Mental anima a todas/os a participar no acto que se realizará o venres 9 de decembro ás 19: 00 horas, na Praza Maior de Lugo.

Volver