Salvemos o noso hospital e os centros de saúde
Manifestación 28 de novembro ás 12 horas
- O Barco
COMUNICADO DE PRENSA da Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras
Dende o pasado mes de outubro, a Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras, ven convocando concentracións as 12h dio mediodía par mostrar a opinión publica a situación pola que atravesa o Hospital Publico de Valdeorras, asi como na A.P. do Distrito Sanitario.
No ano 2010 suprimiuse a Area Sanitaria de Valdeorras. O argumento da Xunta para a sua supresión foi que asi a dotación do HPV seria mellor, sobre todo no caso de Facultativos.
A realidade e que a dia de hoxe, a falta de Facultativos, e acuciante. Para velo mellor solo fai falta botarlle unha ollada a estes datos:
Traumatólogos/as no ano 2010 = 3 dun cadro de persoal de 4, no ano 2021 1 dun cadro de persoal de 4.
Cirurxiáns/as no ano 2010 = 3 dun cadro de persoal de 3, no ano 2021 1 dun cadro de persoa de 3.
Urólogos/as no ano 2010 = 1 dun cadro de persoal de 1, no ano 2021 0 dun cadro de persoal de 1
Cardiólogos/as no ano 2010 = 1 dun cadro de persoal de 1, no ano 2021 0 dun cadro de persoal de 1.
Rehabilitadores/as no ano 2010 2 dun cadro de persoal de 3, no ano 2021 0.
Estes son solo algúns exemplos da situación do HPV poderiamos seguir nomeando o resto de especialidades onde faltan efectivos, coma M. Interna,Xinecoloxia,Radioloxía,Medicina Preventiva, Urxencias...
Estas carencias fan que o numero de pacientes trasladados o Hospital de referencia,CHUO, leve aumentando ano a ano cos conseguintes trastornos para poboación asistida, 30,000, Por o aquí exposto, e vendo que a Xunta, non ten solucionados estes problemas de persoal e de asistencia e polo que a Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras decidiu convocar as concentracións e como acto final a manifestación do dia 28/11/2021, a que chamamos a tódolos/as cidadáns das Comarcas que compoñen o Distrito Sanitario, Valdeorras,Trives e Viana, a participar.