Solicitude de expedición do título de especialista en enfermaría familiar e comunitaria asociado á superación da proba obxectiva

Prazo aberto ata o 15 de marzo de 2023

  • AgEnfermeira
  • Especialidades de enfermería
  • Sanidade Pública

Na páxina do Ministerio de Universidades xa se pode comunicar a intención de solicitar o título de especialista, ou ben a opción de esperar.

 

As persoas que superaron como aptas a proba obxectiva de especialista en enfermaría familiar e comunitaria, o 11 de decembro de 2021 ou o 26 de novembro de 2022, poden escoller entre alguna destas 3 opcións:

  1. Enviar o formulario para solicitar o título nesta especialidade, marcando a opción "a) Obter o título de Enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria".
  2. Enviar o formulario para facer saber que desexan esperar aos resultados de probas doutras especialidades, antes de elixir cal delas desexan obter finalmente, xa que soamente pode ser unha, mediante a opción "b) Esperar ao resultado da/s proba/s correspondente/s á/s especialidade/s solicitada/s".
  3. Non enviar o formulario. Desta maneira outorgarase á persoa interesada, de oficio, a especialidade na que obtivera unha maior cualificación.

 

O formulario estará disponible no Ministerio de Universidades, seleccionando o botón de “Acceso ao proceso”.

  • O acceso pode facerse con certificado dixital.
  • Este trámite NON é a solicitude de petición do título

 

A solicitude do título oficial correspóndelle ao Ministerio de Sanidade. Este trámite non está habilitado neste momento.

Volver