
Solicitude de reunión da Comisión de Seguimento do “Acordo sobre xornada, retribucións, e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde”
- AgMédica
- Sanidade Pública
- Xornada
CIG-Saúde solicita de novo de reunión da Comisión de Seguimento do “Acordo sobre xornada, retribucións, e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde”
CIG-Saúde solicitou o 21 de xullo de 2022 a convocatoria de reunión da Comisión de Seguimento do “Acordo sobre xornada, retribucións, e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde”.
Hai un ano CIG-Saúde entendía que era necesario avaliar:
- Os plans funcionais, analizando o exceso de horas voluntarias e/ou obrigatorias, comparando isto respecto dos últimos anos.
- A contratación de persoal substituto actual.
- A carga de traballo global nos servizos.
O obxectivo destas avaliacións era acadar melloras nas condicións de traballo para facer fronte á situación actual e futura.
Os recentes acordos acadados na mesa Sectorial, que afectan a cuestións retributivas e de xornada, fan aínda máis necesaria e urxente a convocatoria da Comisión de Seguimento deste acordo.
Novas Relacionadas
Últimas novas