SOS convoca concentración diante do Parlamento para o día 17 de decembro ás 11 horas
Por uns orzamentos dignos para a sanidade pública
- Sanidade Pública
SOS Sanidade de Galicia, plataforma da que forma parte a CIG, convoca o día 17 de decembro ás 11 horas unha concetración diante do Parlamento de Galicia para protestar o Orzamento Sanitario proposto polo grupo do Partido Popular.
A situación da Sanidade Pública e critica con Centros de Saude e PAC que carecen dos recursos necesarios; peche de Consultas de Pediatría; crecemento e falsificación das listas de espera hospitalarias , etc. , sen falar do nepotismo de Feijjo que derréocha diñeiro público para dalo a familiares e amigos, etc.,etc.
Pese a ilo a proposta de orzamentos sanitarios conxela ou reduce o gasto sanitario, especialmente de Atención Primaria, para o 2025 o que supoñe que no teñen ningunha intención de cambiar de política e seguen apostando polo desmantelamento e privatización do sistema.