Táboas salariais do período 2020 a 2023 para as empregadas/os do sector de hospitalización e internamento de Pontevedra

CIG-SAÚDE non asina este acordo que mantém a perda do poder adquisitivo e renuncia ao rersto das demandas das traballadoras da sanidade privada de Pontevedra

  • Convenios
  • Sanidade Privada

O venres 26 de agosto publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o ACORDO COMISIÓN NEGOCIADORA TÁBOAS SALARIAIS DO PERÍODO 2020 A 2023 PARA O PERSOAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE HOSPITALIZACIÓN E INTERNAMIENTO DE PONTEVEDRA.

 

Efectos

Estas táboas salariais teñen efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro de cada ano (2020, 2021, 2022 e 2023). Na seguinte nómina deberían ser efectivos tanto os atrasos como as novas retribucións.

O "acordo" contempla tamén o 3º e 4º LD non recuperable.

 

LEMBRA!!! CIG-SAÚDE non asinou este acordo.

CIG SAÚDE decidiu non asinar polo seguinte:

  • As táboas salariais distan moito da realidade económica actual e non contribúen a recuperación da masa salarial que arrastra o sector. Só no 2021 o IPC real elevouse ata un 6'5%
  • A negativa a recoller unha nova clasificación profesional que permita encadrar correctamente a realidade das profesións do sector.
  • Non revisar o resto de artigos do actual convenio consolida un texto obsoleto para a CIG, que condicionou a sinatura do convenio vixente a actualizar o texto na actual negociación.
  • O inmobilismo na negociación dunha nova xornada anual reduce esta a establecer un 4º dia de libre disposición que consideramos insuficiente e de difícil cumprimento.

 

 

 

Volver