Previsión da toma posesión FEAP e incorporación concurso traslados médicas/os de familia
- Concurso de traslados
- Oposicións
Indicar que previsiblemente na semana do 24 de outubro publicarase no DOG as seguintes resolucións:
- Resolución parcial do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de FEAP. A resolución abre o prazo de toma de posesión, para os 91 aspirantes que elixiron destino.
- Resolución pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de médico/a de familia.