Unha vez máis o SERGAS incumpre os acordos de Mesa Sectorial
Exiximos un respecto absoluto as/os enfermeiras/os de pediatría que levan anos desenvolvendo o seu traballo no ámbito hospitalario e no ámbito de primaria
- AgEnfermeira
- Especialidades de enfermería
- Sanidade Pública
O acordo sobre o concurso de traslados do SERGAS, pactado na mesa sectorial, recolle que:
Non se poderán ofertar na elección de destino de OPE, ningunha praza que previamente non fose ofertada no concurso de traslados.
Agora o SERGAS, co apoio dalgún sindicato, pretende incumprir este acordo e ofertar prazas na elección de destino de OPE das/os enfermeiras/os especialistas de pediatría, sen que previamente foran ofertadas no concurso de traslados.
Se o SERGAS aplica isto, non só está incumprido os acordos de mesa sectorial, impedindo a participación no concurso de traslados, senón que está a facer algo máis grave:
“Está a menosprezar o traballo desenvolvido, durante anos, polas/os enfermeiras/os que traballan nos hospitais e na atención primaria, persoas que formaron ás actuais especialistas, ás que agora se lles concede o dereito a acce-der a unha praza, a costa de negar o dereito do resto de persoal.”
Por que acontece isto?
• Segundo o SERGAS por decisión de asistencia sanitaria, que nun plano de Atención Primaria recolle que as pra-zas da OPE de enfermeira/a especialista en pediatría son de Atención Primaria.
• Un plano que incumpre a normativa. Non sabe asistencia sanitaria que as prazas de enfermeira son do SERGAS? Son de primaria e especializada; non hai convocatorias diferenciadas. O persoal accede polos procedementos regrados.
• Un plano que incumpre os acordos de Mesa Sectorial, sen ningún respecto aos dereitos das/os profesionais.
• Unha dirección de asistencia sanitaria que nega a participación das organizacións sindicais na negociación da parte de Recursos Humanos recollidos nos planos.
• Un plano que pretende culpabilizar dos problemas da Atención Primaria, ás/os enfermeiras/os que se trasla-dan desde o hospital.
• Unha dirección de asistencia sanitaria que leva anos negándose a elaborar carteiras de servizo de enfermería na Atención Primaria.
Por todo isto, desde CIG-SAÚDE exiximos que as prazas creadas na categoría de enfermeira especialista en pediatría sexan ofertadas:
• En primeiro lugar no concurso de traslados; para que poida acceder todo o persoal de hospital e primaria, per-soal fixo dende fai moitos anos, e que cumpra os requisitos recollidos na norma.
• Por último, na elección de destino da OPE; ofertando todas as prazas que resulten vacantes no concurso de traslados previo.