Unha vez mais, o SERGAS vendendo fume
Non á precariedade laboral
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
O pasado venres 13 de decembro, o SERGAS anunciou en todos os medios que se aprobara na Mesa Sectorial de Sanidade unha oferta de emprego para a incorporación de 1057 novas prazas.
Que non te enganen, esas prazas son as prazas vacantes que xa se ofertaron nas ofertas de emprego dos anos 2018 e 2019.
O que se aprobou na Mesa Sectorial do día 13 de decembro foi a convocatoria do proceso selectivo das prazas do seguinte cadro.
CATEGORÍAS |
PRAZAS QUE SE VAN CONVOCAR |
OFERTAS DE EMPREGO |
|
2018 |
2019 |
||
FEAS (39 especialidades) |
416 prazas |
331 |
85 |
MUH |
69 prazas |
65 |
4 |
MÉDICO/A ASISTENCIAL 061 |
3 prazas |
3 |
|
MÉDICO/A ADMISIÓN |
2 prazas |
2 |
|
LOGOPEDA |
4 prazas |
4 |
|
TERAPEUTA OCUPACIONAL |
5 prazas |
5 |
|
TER |
63 prazas |
38 |
25 |
TEL |
104 prazas |
79 |
25 |
TEAP |
41 prazas |
25 |
16 |
TÉCNICO/A RADIOTERAPIA |
11 prazas |
8 |
3 |
HIXIENISTA DENTAL |
10 prazas |
10 |
|
TÉCNICO/A FARMACIA |
76 prazas |
51 |
25 |
COCIÑEIRO/A |
24 prazas |
16 |
|
PINCHE |
229 prazas |
159 |
70 |
Non é unha nova oferta de emprego
Que non te vendan esas prazas tres veces
Hai que eliminar a taxa de reposición
Hai que consolidar as prazas cubertas durante anos con contratos precarios
Pola creación de emprego estable e de calidade
Non á precariedade laboral