Unha volta máis na precariedade laboral

Orzamentos da Xunta de Galiza 2021

  • Sanidade Pública
  • Taxa de reposición

O 19 de novembro de 2020, tivo lugar a reunión da Mesa Xeral de Empregadxs Públicos, no que a Administración informou do contido do Título II. GASTOS DE PERSOAL, que van recoller os orzamentos 2021.

Informaron, non negociaron, xa que traen á mesa un texto pechado enviado o día anterior.

Que contén dito Titulo II. Gastos de Persoal, do Orzamento 2021?

No Capítulo I. Dos gastos de persoal ao servizo do sector público, recolle:

 Un incremento global do 0.9% das retribucións con respecto ás vixentes ao 31 de decembro do 2020. Este é o incremento que decretou o goberno do estado para xs empregadxs públicos.

 A aplicación dos pactos e acordos asinados que supoñan incrementos retributivos, e que fosen autorizados polo Consello da Xunta durante os anos 2017 ao 2020.

 En base a esta autorización, non está conxelado o acordo de carreira profesional, polo que en breve o SERGAS procederá á publicación da resolución de Carreira Profesional.

 Tamén se vai recoller o pagamento do acordo de PACs. Isto é que, no 2021 van abonar o 20% restante das retribucións de atención continuada.

 O resto de acordos económicos fican suspendidos.

Que máis recolle a Lei de Orzamentos 2021?

Artigo 12. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidade de persoal.

No referente á taxa de reposición. Aplicaranse as disposicións que se establezan na normativa básica do Estado. As ofertas de emprego público adaptaranse aos límites e requisitos que se establezan na normativa básica estatal.

 Unha vez máis o goberno da XUNTA actúa como delegado do goberno do estado, sen facer uso das súas competencias. Publicamente defende que se remate coa taxa de reposición, e nas reunións da mesa xeral do Estado, non fai ningunha solicitude para que remate a taxa de reposición, ou que deixe de ser normativa básica.

 O goberno da Xunta, tampouco vai executar o mandato do parlamento para eliminar a taxa de reposición. Mandato acadado por unanimidade para que se exerza toda a presión política e institucional que sexa necesaria perante o goberno do ESTADO. Que doado é votar a favor no parlamento se despois non tes ningunha intención de cumprir o mandato.

Este goberno segue a incrementar a precariedade laboral no persoal eventual.

Artigo 14. Contratación de persoal estatutario temporal no ámbito da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos e axencias públicas.

 Procederase ao nomeamento de persoal estatutario temporal para cubrir necesidades urxentes e inaprazables.

Desde CIG-SAÚDE preguntámonos, onde está o baremo para medir as NECESIDADES URXENTES E INAPRAZABLES QUE PERMITAN O NOMEAMENTO DE INTERINIDADES?

Volver