Urxe persoal
- A Coruña
A Comisión de Centro do CHUAC convocou nova xornada de concentración xoves día 24 ás 12:00 diante do hospital Abente e Lago.
É urxente o aumento de celadores e técnicas/os coidados auxiliares de enfermería.
Tras varias xornadas de concentracións diante do hospital a Xerencia continúa na súa liña de aforro, non atendendo as peticións das/os profesionais e polo tanto ateigando aos mesmos cunha carga de traballo inasumible.
Non hai xustificación posible ante esta negativa. A idade avanzada e as patoloxías das/os pacientes que ingresan neste hospital implican que a necesidade de coidados é moi elevada, de ahí que non contar cos/as profesionais suficientes incrementa risco de caídas, de úlceras…
A Comisión esixe o incremento urxente de persoal!!