Urxe persoal

  • A Coruña

A Comisión de centro do CHUAC continúa co calendario de mobilizacions no hospital abente e lago, con unha concertación o xoves 17 ás 12h.

O persoal deste hospital continúa padecendo o déficit de celadores e TCAE que veñen denunciando neste último mes.

Pese que a presión asistencial aumenta, a Xerencia continua sen contratar ao persoal necesario.

E pese ao incremento do número de ingresados, de dias de pasillo en urxencias e de ingresos neste hospital con 3 pacientes en habitacions destinados para 2, manteñen pechada a 4º planta.

A Comisión esixe a Xerencia que escoite as/os traballadores, que só reclaman condicions dignas de traballo para poder atender as/os pacientes axeitadamente!!

Volver