Xornada dos sábados pola mañá en Atención Primaria

O SERGAS expón hoxe en Mesa Sectorial que a partir do 2026 os sábados en Atención Primaria pasarán a ser atención continuada.

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Aseguran que isto non vai supoñer un incremento nas horas dos/as profesionais actuais dos PACs, pretenden levalo a cabo sen que se vexa incrementada a súa xornada.

O SERGAS ten a idea de reordenar e redimensionar os plans funcionais dos PACs e negociar unha voluntariedade incentivada.

CIG-Saúde solicita que para levar a cabo esta modificación ten que haber unha garantía das condicións laborais do persoal dos PACs e lembra que o acordo do 20 de abril non foi trasladado de xeito correcto a estes profesionais, nomeadamente nos médicos/as de familia de PAC, que viron incrementada a súa xornada complementaria obrigatoria en lugar de ser rebaixada.

Por todo isto CIG-Saúde esixe:

  • Prazas orzamentadas de PAC para dar resposta aos novos plans funcionais, para ser cubertas pola categoría de médica/o de familia. NON FEAP.
  • Baixar a xornada complementaria obrigatoria das 1570 horas, de xeito proporcional á rebaixa de xornada ordinaria.
  • Revisar o “aplicativo” e que non se siga “roubando” xornada as/os profesionais nos permisos, baixas, etc.
    CIG-Saúde defende o modelo de PAC con persoal específico e unha única categoría de medicina de familia en Atención Primaria

Tamén denunciamos que a proposta non inclúe a todas as categorías obrigadas a facer sábados (FEAS, pediatras, médicos de ADOS...). Solicitamos que na declaración inicial do documento ten que incluírse que se buscará unha solución para esas outras categorías.

CIG-Saúde recordou que había un acordo de revisar a xornada complementaria noutras categorías e que esta era a ocasión de cumprilo.

Volver