XORNADAS DE DEBATE DE ATENCIÓN PRIMARIA: PROPOSTAS PARA O CAMBIO.
- Atención primaria
- Sanidade Pública
ESCOITARNOS ENTRE TOD@S
Organiza: Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Colaboran: Todas as organizacións profesionais que traballan, ou deberían facelo, nos Equipos de Atención Primaria.
Coordina Xosé María Dios Diz.
1.- Presentación de cada colectivo (5 minutos por colectivo): máximo 60 minutos
- Papel e perfil profesional dos integrantes dos Equipo da AP.
- Situación actual, problemas, carencias e necesidades de cada colectivo, para desenvolver as súas funcións e actividade profesional nos Centros de Saúde.
- Propostas para a súa integración nos Equipos de AP.
2.- Información do tema, por parte dos 3 Sindicatos: CIG, UGT e CCOO (5 minutos cada un).
3.- Manuel Martin, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (10 minutos)
- Situación actual da Atención Primaria en Galicia: problemas carencias e necesidades.
- Os Equipos de Atención Primaria: modelo teórico e real.
- Garanten na actualidade unha atención integrada e continuada?
- O Actual modelo dá resposta ás necesidades de saúde da poboación e @s pacientes?
3.- Debate Xeral co público (30 minutos).
4.- Elaboración consensuada de propostas prioritarias (30 minutos).
Colexio de Médicos de Santiago, xoves 3 de outubro 17 horas