Xubilación do persoal que traballa na sanidade pública

  • Sanidade Pública

O que debes saber sobre xornada, cotización e pensións

1. Traballar máis horas non significa cotizar máis días

O persoal que traballa na sanidade pode estar obrigado a realizar unha xornada superior á ordinaria, incluíndo atención continuada obrigatoria.

Non se poden cotizar máis días dos que ten o ano. Un ano ten 365 días (ou 366), independentemente das horas ou gardas realizadas, fagas 35 horas ou 48 horas semanais.

2. Xubilación anticipada e Estatuto Marco

A CIG-Saúde defendeu que a xubilación anticipada se recoñecese de forma clara no novo Estatuto Marco.

O texto aprobado non cumpre o que CIG defendeu:

  • Fai só unha mención xeral á xubilación anticipada
  • Deixa a súa aplicación para un desenvolvemento normativo posterior
  • Non fixa datas
  • Non define coeficientes redutores

Na práctica, a xubilación anticipada sen perda retributiva non está regulada nin aplicada ao persoal que traballa na sanidade pública.

3. Atención continuada obrigatoria: a proposta da CIG-Saúde

A CIG-Saúde propón que a atención continuada obrigatoria se teña en conta como coeficiente redutor da idade de xubilación.

Isto permitiría:

  • Adiantar a idade de xubilación
  • Chegar antes ao máximo de anos cotizados
  • Evitar penalizacións cando se acceda á xubilación anticipada

4. A pensión pública ten límites

Existe un límite máximo de cotización e de pensión. No ano 2026:

  • Base de cotización máxima: 5.101,20 €
  • Pensión máxima: 3.359,60 €

Ter máis de 38 anos cotizados non permite xubilarte antes dos 65 anos.

Volver