Quen somos
CIG-Saúde é a federación da Sanidade da Confederación Intersindical Galega (CIG); é dicir, ocúpase de todos os asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.
Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo nacionalista, feminista e de clase no que os principios de solidariedade e acción sindical global son o eixo da nosa actividade como sindicato.
Os nosos principais obxectivos, establecidos nos estatutos de CIG-Saúde, son os seguintes:
- A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.
- A defensa do carácter de servizo público da atención da saúde, e por tanto a consolidación dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade.
- A loita contra o corporativismo e a integración dos lexítimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de calase, e unha acción común.
- A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.
Nos distintos procesos electorais da sanidade pública, CIG-Saúde foi incrementando o número de votos e o de delegados e delegadas, o que significa un aval importante ao noso traballo sindical. Froito deses resultados é a nosa ampla representación nas 11 Xuntas de Persoal, e especialmente na Mesa Sectorial de Sanidade, ámbito de debate e negociación coa Consellaría de Sanidade. Así mesmo formamos parte da Mesa Xeral da Función Pública Galega e nas Mesas de Sector de ámbito estatal.
CIG -Saúde non só defende os dereitos profesionais e laborais de todos os traballadores e traballadoras, senón que ofrece á súa afiliación información puntual sobre aquelas cuestións que lles poidan interesar. Consideramos que a información é prioritaria e imprescindible, non só para ter coñecemento do que está a acontecer na sanidade en xeral, senón tamén para dar difusión ás nosas propostas e transparencia ao traballo sindical que desenvolvemos.
Estrutura organizativa
Son órganos nacionais de goberno da CIG-Saúde:
- O Congreso
- O Consello Federal
- O Secretariado Federal
- A Executiva Federal
Son órganos comarcais de goberno da CIG-Saúde:
- A Asemblea comarcal
- O Consello Comarcal
Son órganos locais de goberno da CIG-Saúde:
- A Asemblea Local
- O Consello Local
Son órganos unipersoais da CIG-Saúde:
- A Secretaría Nacional
- A Secretaría Comarcal
- A Secretaría Local
Executiva federal
- Manuel González Moreira. Secretario nacional de CIG-Saúde
- Ana Belén Lestón Gallardo. Secretaria de organización
- Lucía Peón Soutiño
- Marián Rodríguez Blanco
- Miguel Tizón Méndez. Responsable de sanidade privada
- Irene Tato Mosquera
- Xabier Alvedro Álvarez
Comarcas de CIG-Saúde:
- A CORUÑA. Secretaria comarcal. María Formoso Leis
- SANTIAGO. Secretario comarcal. Xosé Manuel Marcote Baña
- FERROL. Secretaria comarcal. Sandra Martínez Yáñez
- LUGO. Secretario comarcal. David Vázquez Vázquez
- OURENSE. Secretario comarcal. Francisco Antón González Sanmamede
- PONTEVEDRA. Secretario comarcal. Xermán Rouco Llanderrozas
- VIGO. Secretaria comarcal. Pilar Rodríguez Pérez
Localidades de CIG-Saúde:
- A MARIÑA. Secretaria local. Montserrat Porteiro Sánchez
- MONFORTE. Secretario local. Vicente Vázquez Vázquez