
O SERGAS implanta o XIDE e convértese nun problema mais ca nun beneficio
CIG-Saúde entende que o XIDE non cumpre as condicións mínimas para a súa implantación no conxunto da Atención Primaria
- Ag Persoal non sanitario
- Atención primaria
- Sanidade Pública

CIG-SAÚDE demanda a creación dos postos de coordinación de PSX, esenciais no funcionamento da Atención Primaria
- Ag Persoal non sanitario
- Atención primaria
- Sanidade Pública

CIG-SAÚDE solicita a creación inmediata do posto de Coordinadora/or de Formación de PSX
Vaise solicitar na próxima reunión de Mesa Sectorial
- Ag Persoal non sanitario
- Sanidade Pública

SOBRE A HOMOLOGACIÓN DA CATEGORÍA DE PSX
Real Decreto do Catálogo Homoxéneo de Equivalencias das Categorías do Persoal Estatutario
- Ag Persoal non sanitario
- Sanidade Pública

Convocada folga na atención primaria do SERGAS para os días 9, 10 e 11 de abril.
Solicitamos unha Mesa de Diálogo para elaborar un novo acordo sobre a Mellora da Atención Primaria
- Ag Persoal non sanitario
- AgEnfermeira
- Atención primaria
- Sanidade Pública

Que é a Agrupación de Persoal non sanitario?
A Agrupación do PNS de CIG-Saúde dirixe o seu funcionamento aos seguintes ámbitos funcionais e territoriais:
- A Agrupación PNS de CIG-Saúde diríxese ás categorías de PNS (xestión e servizos) de atención especializada como de atención primaria, para debater, organizar e canalizar as respostas aos seus problemas específicos
- A Agrupación PNS de CIG-Saúde deberá funcionar tanto no ámbito nacional como no comarcal e local
A Agrupación PNS de CIG-Saúde ten os seguintes obxectivos e funcións:
- Analizar a problemática laboral específica dos colectivos de persoal non sanitario.
- Elaborar propostas para a acción sindical de CIG-Saúde, contribuíndo ao seu debate e difusión entre os colectivos de persoal non sanitario.
- Propoñer e impulsar iniciativas de organización e implantación entre os colectivos de persoal non sanitario
- Prestar atención específica aos aspectos profesionais, formativos e asistenciais que afectan ao traballo dos distintos colectivos e profesionais de persoal non sanitario e ás súas condicións e regulación.
- Impulsar unha política de información e comunicación directa da CIG para os colectivos de PNS.
- Favorecer unha visión global, integradora e solidaria das solucións aos problemas comúns do sector sanitario, implicándose na acción sindical xeral de CIG-Saúde.
- Aportar a visión do PNS sobre as políticas sanitarias xerais e as alternativas construídas dende a CIG.
- Facilitar a relación con asociacións e entidades PNS de contido profesional e formativo (cualificacións).