Mesa sectorial do 8 de maio de 2020
  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Mesa sectorial do 8 de maio de 2020
  • AgMédica
  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación das bases do nomeamento estatutario eventual de continuidade.
  • AgMédica
  • Contratacións
  • Lexislación
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Que é a Agrupación Médica?

O debate establecido en CIG-Saúde sobre o papel do persoal facultativo no sindicato, e a última acción sindical, pulando das mobilizacións dos médicos e médicas, tivo como unha das súas consecuencias a decisión de crear a Agrupación Médica de CIG Saúde (AgM - CIG Saúde) que, a principios de xuño de 2004, tomou o Consello Nacional do sindicato.

Esta decisión supón un fito histórico no sindicalismo sanitario galego e español: un sindicato de clase, a CIG, maioritario entre o conxunto dos traballadores e traballadoras da sanidade, decide afrontar un problema común a todos os sindicatos de clase entre os médicos e médicas: buscar fórmulas para superar a debilidade da súa presenza organizada entre o persoal facultativo, e combater a aparente hexemonía dos sindicatos corporativos nestes sectores profesionais.

As médicas e os médicos afiliados de CIG-Saúde, consideramos que a creación dunha estrutura organizativa específica de facultativos, dentro do sindicato, abre unha nova e ilusionante xeira no sindicalismo sanitario galego.

Consolidar a Agrupación Médica de CIG Saúde como un referente organizativo útil para a defensa das lexítimas reivindicacións do persoal facultativo, afortalando a unidade interna de CIG-Saúde, é a tarefa que temos por diante.