A petición do Presidente do goberno galego Núñez Feijóo dun MIR extraordinario da especialidade de medicina familiar e comunitaria é falaz, e sábeo ben
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Aprobado na Mesa sectorial de sanidade do 20 de abril
  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Celebrarase o 27 de marzo de 2021
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

  • AgMédica
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Escritos dirixidos ao Ministerio de Sanidade e á Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Prazo presentación de solicitudes: do 9 ao 21 de decembro de 2020
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Que se reúnan as comisións de seguimento para esixir o cumprimento da xornada, tempo de traballo e descansos do persoal residente
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Habilítase prazo de DEZ DIAS HÁBILES pra que os/as aspirantes inscritas/os poidan modificar a selección de distritos sanitarios accedendo no FIDES ao formulario de inscrición: ata o 29 de setembro
  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Habilítase a solicitude e adxudicación das prazas de forma telemática
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Información de diversos temas tratados na reunión
  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

Que é a Agrupación Médica?

O debate establecido en CIG-Saúde sobre o papel do persoal facultativo no sindicato, e a última acción sindical, pulando das mobilizacións dos médicos e médicas, tivo como unha das súas consecuencias a decisión de crear a Agrupación Médica de CIG Saúde (AgM - CIG Saúde) que, a principios de xuño de 2004, tomou o Consello Nacional do sindicato.

Esta decisión supón un fito histórico no sindicalismo sanitario galego e español: un sindicato de clase, a CIG, maioritario entre o conxunto dos traballadores e traballadoras da sanidade, decide afrontar un problema común a todos os sindicatos de clase entre os médicos e médicas: buscar fórmulas para superar a debilidade da súa presenza organizada entre o persoal facultativo, e combater a aparente hexemonía dos sindicatos corporativos nestes sectores profesionais.

As médicas e os médicos afiliados de CIG-Saúde, consideramos que a creación dunha estrutura organizativa específica de facultativos, dentro do sindicato, abre unha nova e ilusionante xeira no sindicalismo sanitario galego.

Consolidar a Agrupación Médica de CIG Saúde como un referente organizativo útil para a defensa das lexítimas reivindicacións do persoal facultativo, afortalando a unidade interna de CIG-Saúde, é a tarefa que temos por diante.